Cargando... (0%)

Recoñecemento social

4reconecemento

A conferencia Internacional de Educación da Unesco de 2004 fixo especial fincapé na necesidade de “reafirmar o papel insubstituíble dos docentes e formadores, cuxa profesionalidade debe reforzarse no que respecta tanto á elevación do seu estatuto social como á súa formación inicial e continua”.   Con todo, e a pesar de estar admitido pola sociedade a importancia do profesor en todas as etapas educativas, así como a dificultade da súa tarefa, o 72,7% dos profesionais españois bota en falta un maior recoñecemento social que, para tres cuartas partes deles, antes si tiñan. É máis, esa falta de valoración sitúase entre os primeiros factores desencadenantes de risco laboral identificados polos propios docentes.

Forma parte das administracións educativas velar para que os mestres reciban o trato e a consideración que merecen no desempeño da súa tarefa e promover actuacións dirixidas a que a cidadanía coñeza e valore de xeito adecuado a súa labor profesional. E aínda que a Lomce acaba de amplíar a todos os directores e profesores de España a consideración legal de autoridade pública que xa incorporaran en normativas autonómicas Galicia, Madrid, Comunidade Valenciana, A Rioxa, Aragón, Castela a Mancha, Asturias e Cataluña, tamén deben pór recursos e medios á súa disposición para que poidan exercitar o seu traballo en condicións adecuadas.

Lei 4/2011, de 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.

Preme aquí