Cargando... (0%)

Que é a prevención de riscos psicosociais

1prevencion

As accións de prevención de riscos psicosociais van encamiñadas a cambiar aquelas características da organización do traballo que son capaces de afectar a saúde e que actuarían provocando cambios nas persoas a través de mecanismos psicolóxicos e/ou fisiológicos. De acordo á Organización Internacional do Traballo (OIT, 1984) enténdense como compoñentes psicosociais as interaccións entre o contido, a organización, a xestión do traballo e as condicións ambientais, por unha banda; e as funcións e as necesidades dos traballadores, polo outro. E son estas interaccións mal expostas as que poderían exercer unha influencia nociva para a saúde dos empregados a través tanto das súas percepcións como das súas experiencias.

Ao trasladar estas características ao escenario do Ensino, atopámonos con que neste sector se observan unha serie de connotacións de especial relevancia, que define claramente o Departamento de Pedagoxía Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona:

  • Esixencias psicolóxicas: o volume de traballo do profesorado vese incrementado polo aumento do cociente de alumnos, dos ritmos e tempos e pola diminución das horas de coordinación e dos recursos, dificultando a atención individualizada do alumnado.
  • Control do propio traballo: diminución do grao de autonomía do profesorado e da capacidade de decisión.
  • Soporte social: aínda que os docentes poden contar co apoio de superiores, compañeiros e da comunidade educativa, as axudas instrumentais (recursos pedagóxicos) están a minguar e moitos profesionais non contan co soporte emocional necesario para facer fronte á situación que padecen.
  • Compensación: todo esforzo require un recoñecemento e valoración do traballo feito. A maior satisfacción do profesorado é o seu alumnado, pero iso non basta cando se viven situacións de inestabilidade laboral, redución do salario, aumento das esixencias e presión social.

Desde a CSI•F cremos que a prevención desta situacións esixe adoptar medidas organizativas que procuren cambios nos factores xeradores de riscos, que eliminen ou reduzan en orixe a aqueles que sexan susceptibles de selo e que activen os recursos necesarios para afrontar de forma eficaz os inevitables.

Orientacións para avaliar os factores de risco psicosocial
Preme aquí

O método do INSL para a identificación e avaliación de factores psicosociais
Preme aquí