Cargando... (0%)

Conscientes de que a calidade do ensino público e as condicións laborais e habilidades dos profesores van da man, desde a CSI•F abrimos este portal de PRL centrado nos riscos psicosociais co obxectivo de que sexa un dos referentes en Galicia e unha ferramenta eficaz para xerar un coñecemento útil que impulse á acción e prevención educativa.

A comunidade docente é un dos sectores profesionais con máis tendencia a sufrir patoloxías relacionadas cos factores psicosociais, nos que entran en xogo numerosas variables de importancia como poden ser a interacción entre o profesor e os seus compañeiros e o alumnado, as novas esixencias en relación coa súa capacidade, a falta de recoñecemento social, o progresivo recorte de recursos e das súas condicións laborais e a falta de competencias ante situacións de fustrigación ou violencia percibidas, ademais da súa situación persoal fóra do traballo. Así, poden darse actitudes negativas que se evidencian a través da irritación, preocupación, mal funcionamento de facultades cognoscitivas e unha tendencia á depresión e outras neurosis de reacción.

Por iso, a identificación, valoración e control dos factores de risco de orixe psicosocial convértense nun mecanismo preventivo de gran importancia para unha xestión máis eficaz do labor dos equipos docentes e dos centros educativos. Na web, que irá crecendo co tempo, abordaremos estas situacións e achegaremos información de todas as iniciativas que estamos a desenvolver neste campo como apoio aos profesores, que implican desde accións divulgativas e formativas até campañas de recoñecemento do labor docente.

O portal tamén nace como unha chamada de atención á Administración, ao propio sector e á sociedade en xeral para alertar da gravidade destes problemas e incitar á acción en beneficio destes profesionais claves na educación dos nosos fillos, encargados, como sostivou o filósofo Herbert Spencer, “de formar seres aptos para gobernarse a si mesmos, e non para ser gobernados polos demais”.

Luis Prieto Atanes
Presidente do sector do Ensino da CSI•F