Cargando... (0%)

Outros factores de risco psicosocial

5risco

Burn Out

O síndrome do traballador consumido define un estado causado por unha resposta prolongada de tensión no organismo debido a factores emocionais e interpersoais que xorden no traballo, e que inclúe fatiga crónica, ineficacia e negación do ocorrido. Unha das profesións de máis risco é a docencia, actividade na que os excesivos niveis de esixencia se converteron xa nun hábito incosciente. As consecuencias deste padecimiento van desde o deterioro das relacións interpersoais até a perda de empatía, depresión, insomnio e danos cerebrais, entre outros.

Síntomas do ‘Burn out’ e casos

Preme aquí

Metoloxía para a avaliación do estrés no colectivo docente

Preme aquí

Acoso Laboral

O acoso laboral está tipificado no Código Penal como un delito de torturas e contra a integridade moral. Legalmente enténdese que é “a fustrigación psicolóxica ou hostil no marco de calquera actividade laboral ou funcionarial, que humille ao que o sofre, impondo situacións de grave ofensa á dignidade”.

No sector educativo existen tres tipos de agresións segundo o suxeito causante: por parte dos alumnos, por parte dos seus pais ou familiares e por parte de compañeiros ou superiores.

Lexislación

Segundo a Constitución Española, o acoso laboral vulnera os seguintes dereitos:

Dereito á dignidade persoal (Art. 10)

Dereito á igualdade e á non discriminación (Art. 14)

Dereito á integridade física e moral (Art. 15)

Liberdade ideolóxica e relixiosa (Art. 16)

Dereito á honra, á intimidade persoal e á propia imaxe (Art. 18) 

  • Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade de mulleres e homes, recolle a actuación fronte aos acosos de tipo sexual e por razón de sexo.
    Preme aquí
  • Lei galega 7/2004, de 17 xullo para a igualdade de homes e mulleres
    Preme aquí
  • Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, tipifica como faltas disciplinarias moi graves o acoso laboral e os acosos de natureza discriminatoria como o acoso moral, sexual e por razón de sexo.
    Preme aquí
  • Resolución do Parlamento Europeo 2001/2339 recomenda aos poderes públicos de cada país levar a cabo políticas de prevención eficaces, adoptando os procedementos adecuados fronte ás condutas de acoso moral no traballo.
    Preme aquí
  • Real Decreto lexislativo 1/1995, de 24 de marzo. Apróbase o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, que contempla que todo traballador ten dereito á non discriminación e ao respecto á intimidade e á debida consideración da súa dignidade.
    Preme aquí
  • Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Todo traballador ten dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde laboral.
    Preme aquí
  • Resolución de 20 de maio de 2011 (BOE 1-6-2011), da Secretaría de Estado para a Función Pública, no que se aproba o I Plan de igualdade entre mulleres e homes na Administración Xeral do Estado e nos seus Organismos públicos, considerando situacións de especial protección o acoso sexual e o acoso por razón de sexo que deben ser obxecto do correspondente protocolo.
    Preme aquí

 Protocolo de actuación

  • Resolución de 5 de maio de 2011, da Secretaría de Estado para a Función Pública. Apróbase e públicase o acordo de 6 de abril de 2011 da Mesa Xeral de Negociación da Administración Xeral do Estado sobre o Protocolo de actuación fronte ao acoso laboral na Administración Xeral do Estado.
    Preme aquí