Cargando... (0%)

Congreso galego de PRL no ensino

CONGRESO3

Data: 11 de outubro.
Lugar: Santiago de Compostela. Salón de actos do Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega).


O congreso, dirixido a todos os docentes dos centros públicos educativos non universitarios de Galicia, exponse como unha acción de sensibilización e divulgación dos riscos psicosociais no ámbito do ensino para fomentar a súa prevención, pero tamén como unha forma de achegar coñecementos e habilidades aos profesores para unha mellor xestión destes riscos.

Durante esta xornada abordaranse desde as competencias e estratexias necesarias do líder docente até temas relacionados coa intelixencia emocional na organización educativa, o rendemento e a motivación así como a importancia do recoñecemento e a valoración social do traballo do profesor. Pero non só é vital a xestión das emocións como ferramenta preventiva dos factores de risco psicosociais, por iso o congreso tamén entra de cheo na realidade do día a día dos profesonais da educación, en como abordar situacións de acoso por parte de alumnos ou familias ou en cal é a visión que teñen os docentes das súas competencias e a mirada dos propios alumnos.

Destinatarios: Persoal funcionario docente (de carreira, interino e substituto) que preste servizos nos centros públicos educativos non universitarios de Galicia.

Data e lugar do congreso: Día 11 de outubro no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), Santiago.

Prazos de inscrición: Até o dia 7 de outubro. As inscricións aceptaranse por orde de chegada debido ás limitacións do aforamento do salón de actos.

Ver programa

Ficha de inscrición

Envío de solicitudes a través do seguinte formulario

Nome e apelidos*

DNI*

Centro de traballo

Localidade

Código Postal

Posto de traballo

Email*

Teléfono

Marque a casilla se desexa realizar unha visita guiada ao Museo Pedagóxico de Galicia ao finalizar o Congreso
 Si No

Concedida a homologación provisional por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.