Cargando... (0%)

Capacitación co alumnado

2capacitacion

A adquisición de coñecementos e habilidades por parte dos docentes para que poidan dar resposta e xestionar as diferentes características e circunstancias persoais do alumnado, así como detectar, manexar e previr situacións de risco ou de conflito nas aulas lles axudará a gañar en control e autoconfianza. Nesta área da web iremos incluíndo recursos, protocolos e guías que poidan ser de utilidade para axudar ao profesorado nesta aprendizaxe.

Xestión e resolución de casos de acoso e ciberacoso nas aulas

O 35% dos alumnos sufriu polo menos nalgún momento da súa vida acoso escolar, e un 85% confésase preocupado por este problema, que ten como principal aliado ao silencio da vítima que cala por vergoña ou por medo a que se repitan as agresións. O papel dos profesores é decisivo á hora de enfrontarse a estas situacións nos colexios, escolas e institutos, establecendo límites e actuando tanto na prevención destes conflitos, como na detención e na súa resolución. 

Instruccións da Xunta e Protocolo Xeral de prevención, detección e tratamento do Acoso Escolar e Ciberacoso

Preme aquí

Guía para profesores ‘Acoso Escolar na aula’, da colección ‘Identifica, actúa, coñece’, editada por CSI•F Ensino

Preme aquí

Guía para profesores ‘Ciberacoso Escolar na aula’, da colección ‘Identifica, actúa, coñece’, editada por CSI•F Ensino

Preme aquí

Intervención escolar con alumnos con altas capacidade

Galicia, segundo datos do Ministerio de Educación, é a terceira comunidade con máis alumnos detectados con altas capacidades, estudantes que se definen como especialmente dotados para unha disciplina ou materia aínda que noutras áreas de aprendizaxe sexan igual que os seus compañeiros. Con todo, as cifras quedan curtas porque os expertos calculan que dez de cada cen mozos menores de idade se poden diagnosticar como de altas capacidades, nenos con habilidades máis avanzadas que requiren de axustes en casa e no colexio que os axuden a crecer e a aprender. Pero a súa identificación non é fácil, e aínda moitos profesores non dispoñen das ferramentas necesarias para, primeiro diagnosticalos, e logo aprender a positivar a súa presenza en clase, sen que os seus talentos, dejos de subestimarse, poidan canalizarse para fomentalos e, á vez, favorecer a todo a aula.

Por este motivo, CSI-F Ensino pon a disposición da comunidade docente unha guía pensada para eles, elaborada por unha das mellores especialistas nesta área en todo o ámbito nacional, Carmen Pomar, directora da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela, e prorrogada por un dos grandes expertos mundiais, o doutor Joseph Renzulli, do Instituto de Investigación para a educación dos Alumnos Superdotados (Research Institute for Gifted Education, University of Connecticut, USA).

Guía para profesores ‘O triángulo máxico das altas capacidades’, da colección ‘Identifica, actúa, coñece’, editada por CSI•F Ensino

Preme aquí