Cargando... (0%)

CAMPAÑA #OPROFEDAMIÑAVIDA

PARA O RECOÑECEMENTO SOCIAL DOS DOCENTES

É imposible imaxinar un mundo sen profesores porque eles representan o progreso e a igualdade de oportunidades. Por iso, un país que non coida aos seus formadores está empobrecendo o seu futuro tal e como se encarga de lembrar a UNESCO, a modo de homenaxe e reivindicación, cada día 5 de outubro, Día Mundial do Mestre. Este ano celebrouse baixo a lema ‘Invista no futuro, invista nos docentes!’

Defender e valorar a quen confiamos para que nos acompañe no complexo labor de educar e guiar ás mulleres e homes do mañá é unha responsabilidade que nos concirne a todos. Por este motivo, desde a CSI-F queremos darlle continuidade ao Día Mundial do Mestre iniciando unha campaña para que cada un de nós poña o seu gran de area para recoñecer o papel dos docentes na vida dos nosos fillos, pero tamén para que homenaxeemos a aqueles mestres que nos deixaron pegada.

Cambian os tempos, os métodos e as ferramentas, pero onte e hoxe os profesores encárganse de axudar aos nenos e mozos a procesar coñecementos e información, exercer con criterio, traballar mancomunadamente, abordar os problemas e tomar decisións con fundamento. É moito o que lles debemos e moito os que esperamos deles, por iso convidámosvos a que vos sumedes a esta campaña de recoñecemento social.

A nosa campaña centrarase nas redes sociais, porque queremos que sexa o máis global posible, e tan só pedímosvos que gravedes un vídeo lembrando a aquel profesor que marcou as vosas vidas, que o subades ás vosas redes sociais e que convidedes os vosos amigos a facer o mesmo nomeándoos para que “saian ao encerado” e se unan así á homenaxe.

Deixámosvos material da campaña por se o queredes utilizar nesta acción, na que, para que todos vaiamos a unha, con máis forza, os pedimos que utilicedes o hashtag  ou etiqueta #oprofedamiñavida

Comprométete co teu mestre, el xa o fixo contigo, tócache a ti facelo por el

 

MATERIAL PARA DESCARGA:

CARTEL A3
Preme aquí

CARTEL A4
Preme aquí

HASTAG A4
Preme aquí

POSTAL
Preme aquí

cartela4b2